27.10.08
puzzle
Chegaron 28.000 ducumentos dende a Cruz Vermella de Suiza. Son de cando o golpe de estado contra a república -o que produxo a guerra civil en España. Virán máis. Aos poucos vamos recompoñendo o pasado. Entendéndonos. A miña aboa espera vivir para poder atoparse entre esas fotos. A min pásame o mesmo. Véxome entre todo o publicado, en cada fotografía, son o fotógrafo e a foto, entregado, sendo parte, participando… nunca entenderei aos tertulianos da obxectividade… cecais a foto obxectiva é a tirada dende un avión… pero, dende que avión?… Cando falan de obxectividade me recordan aos que presumen de ser apolíticos no meu país… Todos votan á dereita, claro, e ademáis, de paso, enmerdan, obxectivamente, á política, ao contrapoñela á súa actitude, "tan honesta"… País!… Recordo facer puzzles de cen, mil, cinco mil e o último que fixeron dous amigos para apaciguar tamén seu tempo e curarse dunha perda moi especial: 30.000 pezas… Non sei se daremos feito…
24.10.08
otoño ll
El color del vino se extrae de la piel de la uva. El vino gana el color, macerando esta piel, antes y durante la fermentación para irlo perdiendo en el proceso de envejecimiento. El vino joven tiene un color rojo intenso, con tonalidades violeta, que ira ganando en azules y amarillos a la vez que envejeciendo, regresando tal vez a la tierra, al color de la tierra de la que viene. Por el color apreciaremos su crecimiento y su sabor, cómo tratarlo, a qué nos enfrentamos cuando nos lo llevamos a la boca. Controlamos la temperatura de fermentación, estiramos el tiempo que deseamos dure el proceso que transforma el mosto en vino, nos deleitamos soñando la respuesta que del caldo buscamos... como amantes... como Dios...
Si yo fuese Dios
y tuviese el secreto,
haría un ser exacto a ti;
lo probaría
(a la manera de los panaderos
cuando prueban el pan, es decir;
con la boca),
y si ese sabor fuese
igual al tuyo, o sea
tu mismo olor, y tu manera
de sonreir
y de guardar silencio,
y de estrechar mi mano estrictamente
y de besarnos sin hacernos daño
- de eso si estoy seguro: pongo
tanta atención cuando te beso... Angel Gonzalez
otoño l
Impresionante foto de portada: la tumba levantada sobre un pequeño foso no pertenece a Ramses I, sino al abuelo, a su hijo, a su nieto de 16 ños y a veintisiete personas más, casi todos del mismo lugar, esta vez de cerca de Palencia, aunque la foto es la misma -repetida- que otras veces, los huesos de diferentes cuerpos están soldados entre si formando uno solo…La naturaleza se ha pasado el trabajo de recostruir nuestra memoria: personas distintas, con ideas diferentes y personalidades diversas son asesinadas por una única idea y depositados en una sola fosa que se convierte en fosa común porque a todos nos afecta -o debería. ..
“No hubo elección
murió quien pudo,
quien no pudo morir continuó andando
En Haro conocí a un artista impresionante que entre otras cosas me contó como el horno y sus diferentes temperaturas sueldan para siempre pedazos de diferentes barros, tratados de distintas formas, que él acerca cuando están blandos… El horno debe ser una especie de acelerador, Rafa realiza en poco tiempo lo que tanto llevó hacer a la naturaleza, y como en esta, la memoria de su trabajo permanecerá en nuestro recuerdo o en el paisaje de nuestra mirada..
La foto bién podría ser la misma, el arte tiene eso muchas veces, debemos conocer el proceso para conmovernos ante la obra…
9.10.08
zancadas
Contando deica atrás, faltan dous días para vacacións. Sempre que podo deixo uns días para o outono e estes que veñen dedicareinos a vendimar, ou máis ben: facer fotos e video da vendima en Rioja. Espero traducilo nunha curta que, si aprendo, colocarei neste blog para bebermos xuntos un dos meus caldos preferidos...
Amo isto: colgar a 35 por si acaso hai fotos a deshoras, traballar coa 4x6 a catrocentos e fuji, pousar 6x7 no trípode escoitando Tomorrow mentres o sol se pon onde ten que poñerse e mentres a miña man pulsa despacio o disparador metálico e frio como as cámaras (as cámaras son frías para compensar o corazón quente do fotógrafo)... Cando inventarán cámaras quentes? e os carretes, si, carretes, e cintas mini dv, trípodes, luces... Contado así parece fermoso, non? É máis que iso, é vital... Gosto tanto da paisaxe como dos doces, aliméntame máis... Abur!...
8.10.08
road movies
Es verdad que después, la tarde fue de cuento. ¿Cómo se llama? Ah, si, el mar. Parecía que el aire se llenase con el plancton vital que nunca hemos visto pero que imaginamos justo así, flotando iluminado, repartiendo partículas de luz sobre la espuma, sobre la arena, extendiendo distancia entre puntos que bailan desequilibrando el horizonte que presientes pero no ves, como no ves tampoco los amarres de esa isla dibujada en el aire, ni el movimiento del puerto que sujetas a tu ansiedad. Todo allí, la mirada, el paisaje, lo que abraza una ballena con la boca, lo que sientes al percibir la luz como alimento... Una tarde de cine...
Arre burro pra Viana carregado de banana
Arre burro pra Melgaço carregado de bagaço
E porqué non a Àncora? Despois do vendaval da mañá, a tarde prometeuse de lagarto. Maxineime tirado riba dun muro de pedra, ao sol, en calquera porto. Tiña que ir por café máis pode ser outra tarde, e Viana, cando xa estaba enfiando para alí, merda, tiraron as cafeterías das que gustaba na praza... Àncora estaba ben
No outono estas tardes de sol semellan inmensas, parece que esta rexión de ca, onde vivo,se fixera mesmo para vivir a xente. O río tranquilo, o zunido do mar, os turistas na súa casa e eu na moto lambendo a pel do mar, o seu salitre... En Âncora fimaban unha película e había moito movemento. Achegueime como todos, para ver se me vestían de figurante como na última de Bin cando ía á praia, pero non. A cousa ía de mariñeiros enfadados que non deixaban vender no seu porto, peixe pescado fora, en España, fillos da puta dicían á vez que meneaban o camión do peixe... nin que os peixes superan de fronteiras... aquí acordamos das fronteiras cando interesa... supoño que en todas partes... Ben, como dicía non había actrices famosas na zona, tomei café só, que non bica, e fun ver o mar, que ese si que estaba de cine, máis non teño cámara dixital para poder mandar recado destas cousas que ás veces, como hoxe, sorprendenme tanto... Sinto.
4.10.08
de parto
foto roubada á china Sun
Vai para vinte anos que morreu Bull. Case que non amencera cando espertei, saín da cama e fun ver ao meu can. Estaba tombado e cos ollos abertos e nerviosos, ao verme intentou moverse sen conseguilo. Axeonlleime, collín a súa cabeza entre as mans e dinlle a derradeira caricia. Sen dúbida, estaba a esperar por min, a relación dos cans e os donos é tan forte que pasan estas cousas, como nas películas de amores eternos. É así... Onte cando cheguei a casa Chispa estaba esperando nerviosa, facía buracos, escapaba cando os outros cans se lle achegaban, viña a min de novo... Prepareille un espazo para ela soa, pechei aos outros cans e ás poucas horas estaba todo feito. Cando abrín aos outros para que saudaran á camada un só ronquido lles fixou unha marca que non volveron traspasar, están atentos máis non pasan. Hai ronquidos para un, dous, ou máis metros... Os cachorros son preciosos, teñen a pel de aceite, son azabache puro. Chispa pasou de bulimia a anorexia en poucas horas... Se non atopo quen os queira terei que desfacerme de algúns antes que a maten... Ao final estamos atados ao ciclo da vida como o resto dos animais por moi listos que nos cremos...
Vai para vinte anos que morreu Bull. Case que non amencera cando espertei, saín da cama e fun ver ao meu can. Estaba tombado e cos ollos abertos e nerviosos, ao verme intentou moverse sen conseguilo. Axeonlleime, collín a súa cabeza entre as mans e dinlle a derradeira caricia. Sen dúbida, estaba a esperar por min, a relación dos cans e os donos é tan forte que pasan estas cousas, como nas películas de amores eternos. É así... Onte cando cheguei a casa Chispa estaba esperando nerviosa, facía buracos, escapaba cando os outros cans se lle achegaban, viña a min de novo... Prepareille un espazo para ela soa, pechei aos outros cans e ás poucas horas estaba todo feito. Cando abrín aos outros para que saudaran á camada un só ronquido lles fixou unha marca que non volveron traspasar, están atentos máis non pasan. Hai ronquidos para un, dous, ou máis metros... Os cachorros son preciosos, teñen a pel de aceite, son azabache puro. Chispa pasou de bulimia a anorexia en poucas horas... Se non atopo quen os queira terei que desfacerme de algúns antes que a maten... Ao final estamos atados ao ciclo da vida como o resto dos animais por moi listos que nos cremos...
2.10.08
zaca
Hai anos decidín ao fin, ordenar a colección de fotos que tiña gardadas en caixas no laboratorio. Cando fun coller a primeira, como é?... foiseme das mans... a humidade comera todo, fotos, negativos e caixa... só ficaba a forma... todo estaba comido e esvaecíase ao tocalo...
Hoxe ordenando restos de carpetas apareceu esta foto de Zaca que seguramente ficou na carpeta porque tiña un defecto, unha marca dun mal revelado. Levo toda a tarde limpando a foto co photoshop e decidín poñela no blog. Estaría ben que alguén o recoñecera, enterarme como lle foi a vida e esas cousas...
As fotografías toman importancia cos anos, convírtense en botóns que encenden a nosa memoria. Eu perdín casi vinte anos que intento recuperar nos bolsos vellos da miña nai ou nos álbumes de familiares, busco as miñas fotos principalmente, pero tópome con anacos do meu interior e fago xogos de mans, como o poeta, ao pulsar eses botóns dos que falaba...
apostatár
O tribunal supremo deulle a razón á iglesia católica, e non aos que estabamos coa teima de apostatár, porque os datos do bautismo "son una pura acumulación que comporta una difícil búsqueda, acceso e identificación".
Penso que ten razón o tribunal... Borrarnos de que? Anotámosnos?... O que non teño tan claro é se estes datos valenlle á iglésia católica para algo...
Dende hoxe: INDIFERENCIA... Aínda que poderiamos facelo a japonesa e anotarnos en todas as relixións, partidos políticos, clubes de futbol, sindicatos... e que foran eles quen cruzasen os datos...
1.10.08
mil palabras
muchoviaje.com
Nada parece pasar por ahí fuera/Hoy ha salido el sol/ La gente camina hacia el trabajo/ Un tren avisa al salir de una estación/ Nada nuevo... Bueno, si, los fotógrafos/ Que bajo el edificio central de la bolsa/ En Wall Street/ Esperan que algo caiga/ Porque en tiempos de crisis/ Una instantánea/ Vale más que mil palabras...
Nada parece pasar por ahí fuera/Hoy ha salido el sol/ La gente camina hacia el trabajo/ Un tren avisa al salir de una estación/ Nada nuevo... Bueno, si, los fotógrafos/ Que bajo el edificio central de la bolsa/ En Wall Street/ Esperan que algo caiga/ Porque en tiempos de crisis/ Una instantánea/ Vale más que mil palabras...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
De mi Banco de... Para que no me olvi... De Pancho Salmerón ...
-
Non teñas medo de mentir non é xa tempo a procurar amarre firme a este carocho sen alento, deixa estar. Pero non d...
-
Recogí las horas amontonadas por los rincones para construir el puzzle de aquel tiempo que no llegaré a armar Y una canción que pretende m...