31.12.08

fin de año 2008




¿Cómo era la frase de Marlyn?, tengo la boca como... ¿qué?... Pues yo igual, no me sentó nada bien ir a Porto ayer... mis tripas trajeron algo dentro que no para de retorcerse, además la cabeza no soporta el ruido y desplaza el dolor desde un lado a otro de mis sienes hasta las cervicales... cualquier posición que tome hace que todo el peso de mi cuerpo se concentre sobre ese lado y tenga que cambiar constantemente sin poder dormir... llevo una semana preparando la última cena y al pensarlo me entran ganas de... eso... de todas formas por mi que no quede FELIZ AÑO 2009 a todos... Bueno, me tengo que ir, disculpar...

26.12.08

Tantos días





1,2,3,4...
Tantos días sen luz e sen ti
Que te alonxas, te apartas
Que fuxes de min
Que non vou esperar ver crecer, madurar
O tempo tras de ti

Eu xa non conto nen digo
Que conto contigo
É lo tempo de xogos, de frío e de abrigo
De horizontes perdidos, e paisaxes sentidas
Os armarios vacíos, volvoretas de olvido
Dos abrazos sen prisa e do tango sen risa
Do mais perto, o amigo, o corazón de trigo…
Onde vai María Luisa planchando camisas

19.12.08

de cantores

Estiven facendo prácticas, é horrible, cada vez identifícome menos ca miña voz, non ten nada que ver o que escoito co que eu imaxino, seguramente sempre foi así, espero sexa que cada vez teño máis imaxinación… Ou a falta de práctica, o certo é que os ensaios van fatal… Por non falar da memoria, vou ter que levar o portátil… E as gafas claro, que si non pa que vou levar o portátil… Unha desfeita, prefiro a miña personaxe virtual que consulta en google e ten todo como ten que ser: por escrito… Menudo ridículo… Xa nin recordo cando falaba de corrido e recordaba algunha letra de algunha canción, si, algunha letra, porque todas xuntas nin pa dios, nunca foi o meu… O papel principal no teatro sempre me pareceu o do apuntador…Bueno, xa está, este ano non vou cantar ao Racimo… Tamén podo dicir que fago unha reportaxe e ocultarme detrás da cámara… Que?, vai saír no faro?, entón? Este ano non hai portuguesas ou que?, é que está acatarrado, si queredes, como moito, unha de Tom Waits… O cachondeo pode ser non virtual… Por cousas así é que a xente suicídase nestas festas… Un lazo, a corda por riba da merda esa que suxeita a banderita da Galiza dos collóns na parede do concello e acabouse: Non canto máis!... Que estas festas vos sexan leves (a todas e a todos os que de cando en vez vos achegades por aquí)…

12.12.08

nevarada




Onte, non sei porqué, unha cegoña sobrevoaba o ceo frío de Piornedo. Os veciños aos que sempre compro patacas e castañas empenáronse en que tiña que subir á casa a quentarme un pouco, abriron o forno da cociña de leña para que secara e, na brasa, espichado nun arame asei un chourizo estupendo que me deron a comer con pan quente. Falamos do tempo, da nevarada inmensa da fin de semana anterior, de Barcelona onde traballan seus dous fillos e do moito que apreciamos o pan e sin embargo deixamos todo o terreo a monte, se sementar. Acababan de chegar da feira, de Verín, non mercaron nada, non había necesidade "é que soamente dous días ao mes sobe a liña ate o pueblo e aproveitamos".





Acordeime dun lugar nos Andes, unha casa pequena e un cercado máis pequeno aínda, a case catro mil metros de altitude, onde vivía unha rapaza, a súa nai e catro ou cinco cabras ananas e outras tantas llamas. Facía dous anos que seu pai morrera e elas seguían vivindo alí porque o fixeran sempre. Unha vez cada mes, se as chuvias non o impedían, baixaban a La Loma a vender cabritos ou gorros de la e comprar patacas, e alí quedaban unha semana ata que, creo recordar que o carteiro, subía de novo a San Antonio de los Cobres (é curioso, vexo estes lugares nos mapas de google e sinto a soidade dentro).





Todo isto viña a que a incomunicación leva ao seu contrario, porque nunca atopei xente máis amable que nas montañas máis remotas...
O que non sei e que facía a cegoña por aquel ceo tan xélido, nin se ela pensaba o mesmo de min...

8.12.08

Alberto Mvundi

João Afonso e Alberto 

Chámame Alberto desde Cádiz. Pregúntame un a un por toda a familia e os amigos, como bo africano. Tudo ok, sempre está tudo ok, responde cando eu lle devolvo o saúdo. Vamos tirando... Nós como Angola, vamos tirando irmão... é, sim irmão, é así a vida. Unha noite despois de cear regaloume una canción. Non é a mellor canción que escoitei na miña vida, pero emocioneime: Akuetué, que significa todos xuntos. O tempo deu unhas cantas voltas ao redor noso aquela noite. Alberto Mvundi non ten a sorte sempre de cara pero vive do seu traballo, de cantar, de compoñer... Hai un ano gravou un disco precioso que distribúe a través dos amigos... A quen lle interese: mardaman@gmail.com y se lo envío... 10 euros...

7.12.08

Flor non chinesa para Sun Iou Miou


A vida na Tuga é dura / Alberto Mvundi

4.12.08

+ dias grises

+3


Parece ser que a pistola que onte matou ao empresario non é a mesma que rematou coa vida do sindicalista ou que dinamitou a vida do garda civil e dos emigrantes na T4... Non sei se a policía fai o correcto seguindo o rastro de pistolas, espero que si...