9.10.08

zancadas

Contando deica atrás, faltan dous días para vacacións. Sempre que podo deixo uns días para o outono e estes que veñen dedicareinos a vendimar, ou máis ben: facer fotos e video da vendima en Rioja. Espero traducilo nunha curta que, si aprendo, colocarei neste blog para bebermos xuntos un dos meus caldos preferidos...
Amo isto: colgar a 35 por si acaso hai fotos a deshoras, traballar coa 4x6 a catrocentos e fuji, pousar 6x7 no trípode escoitando Tomorrow mentres o sol se pon onde ten que poñerse e mentres a miña man pulsa despacio o disparador metálico e frio como as cámaras (as cámaras son frías para compensar o corazón quente do fotógrafo)... Cando inventarán cámaras quentes? e os carretes, si, carretes, e cintas mini dv, trípodes, luces... Contado así parece fermoso, non? É máis que iso, é vital... Gosto tanto da paisaxe como dos doces, aliméntame máis... Abur!...


6 comentarios:

  1. ja....ja...ja.... como ríome! antes teño que ver aos teus "netos"

    ResponderEliminar
  2. Então boas férias e vindímas, em belas paisagens e ao som da música e com muitos doces regados com o teu caldo favorito! (^_^)

    Beijoca!

    PS - E os canitos?

    ResponderEliminar
  3. Pasarla lindo, Condado! Suena bien su programa vacacional: espero ver luego algunas de esas fotos aquí. Unos saludos.
    ÁB.

    ResponderEliminar
  4. Meu sobriño estivo na casa os fins de semana; a Sun está chupando amendoas; o pasei lindo Berlanga... E os canitos ben, Teté, os deixei ca miña irmá, claro, non me ía esquecer deles, ou pensas que o viño faríame esquecer as miñas obligacións maternais?
    Saúdos a todos!

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...