2.10.08

zaca




Hai anos decidín ao fin, ordenar a colección de fotos que tiña gardadas en caixas no laboratorio. Cando fun coller a primeira, como é?... foiseme das mans... a humidade comera todo, fotos, negativos e caixa... só ficaba a forma... todo estaba comido e esvaecíase ao tocalo...
Hoxe ordenando restos de carpetas apareceu esta foto de Zaca que seguramente ficou na carpeta porque tiña un defecto, unha marca dun mal revelado. Levo toda a tarde limpando a foto co photoshop e decidín poñela no blog. Estaría ben que alguén o recoñecera, enterarme como lle foi a vida e esas cousas...
As fotografías toman importancia cos anos, convírtense en botóns que encenden a nosa memoria. Eu perdín casi vinte anos que intento recuperar nos bolsos vellos da miña nai ou nos álbumes de familiares, busco as miñas fotos principalmente, pero tópome con anacos do meu interior e fago xogos de mans, como o poeta, ao pulsar eses botóns dos que falaba...

8 comentarios:

  1. É realmente uma pena as fotos terem-se estragado. E sim, concordo que são botões que acendem a nossa memória.

    O poeta é que não conhecia, nem de nome! Estamos sempre a aprender na blogosfera... (`_´)

    ResponderEliminar
  2. Era bo que colocases esta ligazón:

    http://www.blogoteca.com/ekis1331/index.php?mes=11&ano=2007

    Está aí o poema de Manuel Antonio ao que aludes.

    ResponderEliminar
  3. A foto é mui bonita.
    Mas tu tens um lab de foto??

    ResponderEliminar
  4. dende os 14 anos QB, aínda que esta en desuso dende hai demasiado tempo... de ahí que se me perdesen tantos anos...

    ResponderEliminar
  5. :O
    Carai, que guai e que sorte...

    ResponderEliminar
  6. Sorte si, sempre me acompaña. Guai, guai... non sei...

    ResponderEliminar
  7. Nom sei, eu penso que mola.

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...