Arre burro pra Viana carregado de banana
Arre burro pra Melgaço carregado de bagaço
E porqué non a Àncora? Despois do vendaval da mañá, a tarde prometeuse de lagarto. Maxineime tirado riba dun muro de pedra, ao sol, en calquera porto. Tiña que ir por café máis pode ser outra tarde, e Viana, cando xa estaba enfiando para alí, merda, tiraron as cafeterías das que gustaba na praza... Àncora estaba ben
No outono estas tardes de sol semellan inmensas, parece que esta rexión de ca, onde vivo,se fixera mesmo para vivir a xente. O río tranquilo, o zunido do mar, os turistas na súa casa e eu na moto lambendo a pel do mar, o seu salitre... En Âncora fimaban unha película e había moito movemento. Achegueime como todos, para ver se me vestían de figurante como na última de Bin cando ía á praia, pero non. A cousa ía de mariñeiros enfadados que non deixaban vender no seu porto, peixe pescado fora, en España, fillos da puta dicían á vez que meneaban o camión do peixe... nin que os peixes superan de fronteiras... aquí acordamos das fronteiras cando interesa... supoño que en todas partes... Ben, como dicía non había actrices famosas na zona, tomei café só, que non bica, e fun ver o mar, que ese si que estaba de cine, máis non teño cámara dixital para poder mandar recado destas cousas que ás veces, como hoxe, sorprendenme tanto... Sinto.
Non hai como non ter cámara para expresar uma imaxe con mil palabras.
ResponderEliminar