4.10.08

de parto

foto roubada á china Sun



Vai para vinte anos que morreu Bull. Case que non amencera cando espertei, saín da cama e fun ver ao meu can. Estaba tombado e cos ollos abertos e nerviosos, ao verme intentou moverse sen conseguilo. Axeonlleime, collín a súa cabeza entre as mans e dinlle a derradeira caricia. Sen dúbida, estaba a esperar por min, a relación dos cans e os donos é tan forte que pasan estas cousas, como nas películas de amores eternos. É así... Onte cando cheguei a casa Chispa estaba esperando nerviosa, facía buracos, escapaba cando os outros cans se lle achegaban, viña a min de novo... Prepareille un espazo para ela soa, pechei aos outros cans e ás poucas horas estaba todo feito. Cando abrín aos outros para que saudaran á camada un só ronquido lles fixou unha marca que non volveron traspasar, están atentos máis non pasan. Hai ronquidos para un, dous, ou máis metros... Os cachorros son preciosos, teñen a pel de aceite, son azabache puro. Chispa pasou de bulimia a anorexia en poucas horas... Se non atopo quen os queira terei que desfacerme de algúns antes que a maten... Ao final estamos atados ao ciclo da vida como o resto dos animais por moi listos que nos cremos...

7 comentarios:

  1. Teño unha filla que gosta moitísimo dos cans e os cans dela. Máis os cans son para sempre, porque nós, para eles, somos para sempre... é algo que ela aínda non entende de todo... Anímate e gardote un!

    ResponderEliminar
  2. E eu que non quería máis cans na casa -xurei, que hei de ir pró inferno- agora estou desexando que pasen dous meses para escoller a Lima, que xa ten nome.

    Sara Jess, non son cocker, son fillos de setter irlandés e labrador retriever. A ver a quen saen!

    ResponderEliminar
  3. estou intentando por todos os medios de buscar novos donos para o cadeliño. necesito fotos!!!

    ResponderEliminar
  4. e dicir, que me mandes fotos

    ResponderEliminar
  5. Xoanciño, é que non chegan as fotos do post?... xente interesada teño, o problema e que só queren cans e son todo cadelas... tes que vir venres ou sábado que xa terán os ollos abertos. Son preciosos...

    ResponderEliminar
  6. É, os animais são para sempre mesmo!

    Beijoca e boa sorte em encontrar quem os estime de verdade! (`_´)

    ResponderEliminar
  7. Encontrarei Teté, obrigado.

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...