No olvida el vino su camino
regresa del vaso al racimo
y de la tierra al mar
No somos dueños del destino
pero sabemos el camino
que nos conduce al bar
Y allí
como una panda de borrachos sensibleros
se nos ha ahogado la mirada persiguiendo
tu ceniza en el agua
Te toca
ir preparando el camino de regreso
tómate tiempo y cuando suba la marea
vuelve al racimo
Que allí
como una panda de borrachos sensibleros
a tu salud día tras día subiremos
como las olas
Te toca
alzar los vasos, las canciones, los recuerdos
formando parte para siempre de nosotros
como un racimo.
De pequenos, cando saíamos de casa algún domingo, a referencia era un bar, pois a comida se levaba de casa. Hai poucos bares na comarca de Vigo que eu non coñeza. Bares antigos. Apreciar un bo condado en Cans ou en O Carteiro, un rosal en A Muda, un país en Matamá... No meu barrio o nadal e fin de ano celébrase antes de cear cantando polos bares. Cántase ben. Pícanse dous ou máis grupos e se acaba cantando todos xuntos, cancións canto máis melancólicas e tristes mellor, máis felices e tocados os que as podemos cantar. É como a vida.Hai un bar onde se toma a última (que nunca é a derradeira): El Racimo, con uns pequenos escalóns que se fan eternos se subes e fodidos se baixas. Aquí celebramos alegrías e tristezas cun vaso, sempre cheo tamén pra quen nos falta. E un bolero. Un bolero imposible de cantar porque tócanos demasiado perto todavía. Aínda non é tempo...
Já convidarás logo... Eu nom canto, mas dá-se-me mui bem escuitar.
ResponderEliminarSó tes que aparecer. O Barrio de Ribadavia era o dos carteristas (sen violencia, moi profesionais) que -decían- quedaban coa carteira por ter un recordo de perto do corazón. A canción máis famosa te sonará..."Verín de Verín/carreteira de Chaves/Verín de Verín aguas minerales..." con música de BEGUIN THE BEGUIN, claro...
ResponderEliminarVai a haber que empezar a tomar clara de ovo, que debo de ter a voz enferruxada de tan pouco cantar.
ResponderEliminarXa pensei cos fixos de plantilla non ían decir nada hoxe
ResponderEliminarNos dias de natal e ano novo comemora-se a beber copos e a cantar pelos bares? Bem, o fim de ano não é muito diferente por aqui, mas no natal fecha tudo, há poucos sítios onde se possa ir. Restaurantes chineses e pouco mais, mas também fecham às 11 da noite. Curiosa essa tradição...
ResponderEliminarAh e obrigadinha pela dica da canção da UXIA, que gostei muito! (^_^)
Jinhos!
De nada Tete, pensei tambem nunha das minhas cancións preferidas: Todavía quedan restos de humedad... De Pablo Milanés. Máis a de Uxía está bem e fago publicidade dunha amiga... Ate ja! (espero que se escriba asim)
ResponderEliminar"Até já", que os acentos tamén están incluídos na ortografía.
ResponderEliminarPois iso, até já!
ResponderEliminareu andei a iso, de bares polo Condado. teño uns colegas que tiñan unha especie de charanga musical. chamábanse os "vil Clinton". na noite de natal e en reis inda se reúnen para tocar. pedíronme que os acompañe este ano. sempre rematan no Cópita, no bar Cópita de Monçao, dedicándolle un tema enteiro ao taberneiro. é unha boa maneira de pasar esas datas sen se entristecer demasiado. quén sabe. ate igual rematamos cruzándonos sen sabelo.
ResponderEliminarhabía tempo que non pasaba por aquí. véxote moi prolífico. segue así.
beijotes.