19.12.08

de cantores

Estiven facendo prácticas, é horrible, cada vez identifícome menos ca miña voz, non ten nada que ver o que escoito co que eu imaxino, seguramente sempre foi así, espero sexa que cada vez teño máis imaxinación… Ou a falta de práctica, o certo é que os ensaios van fatal… Por non falar da memoria, vou ter que levar o portátil… E as gafas claro, que si non pa que vou levar o portátil… Unha desfeita, prefiro a miña personaxe virtual que consulta en google e ten todo como ten que ser: por escrito… Menudo ridículo… Xa nin recordo cando falaba de corrido e recordaba algunha letra de algunha canción, si, algunha letra, porque todas xuntas nin pa dios, nunca foi o meu… O papel principal no teatro sempre me pareceu o do apuntador…Bueno, xa está, este ano non vou cantar ao Racimo… Tamén podo dicir que fago unha reportaxe e ocultarme detrás da cámara… Que?, vai saír no faro?, entón? Este ano non hai portuguesas ou que?, é que está acatarrado, si queredes, como moito, unha de Tom Waits… O cachondeo pode ser non virtual… Por cousas así é que a xente suicídase nestas festas… Un lazo, a corda por riba da merda esa que suxeita a banderita da Galiza dos collóns na parede do concello e acabouse: Non canto máis!... Que estas festas vos sexan leves (a todas e a todos os que de cando en vez vos achegades por aquí)…

8 comentarios:

  1. As tradicions son as tradicions, é o que nos queda. Así que xarope de ovo con"Sansón".
    Ainda que a ti non cho pareza, a túa
    voz segue sendo a mesma. Con ese matiz especial de madurez que da o paso do tempo.
    unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20.12.08

    Te veo muy metido ya en ambiente navideño... espero que esta vez dés la vuelta si olvidas la guitarra, je...

    ResponderEliminar
  3. Pois se non cantamos, non vou.

    ResponderEliminar
  4. Bueno, se me va pasando el catarro, quizá nos veamos celebrando por los bares, aunque la crisis, no sé, bueno, llevaremos bota en vez de petaca debajo del abrigo, como cuando éramos jóvenes, felices y desempleados...
    Moitos beijos e abraços!...
    Non, si ao final voume por brandiño coma os anuncios... por navidad...

    ResponderEliminar
  5. Felices festas, Condado! (*_*)

    ResponderEliminar
  6. eu acabo de chegar do Condado, e volvo o 31. penso cantar e disfrazarme, de todo menos de fin de ano. beijotes.

    ResponderEliminar
  7. Pois eu probando un proxector cunha cinta dunha homenaxe a J.Balan..."un hombre sin dinero es un bulto sospechoso"...
    Mañá temos concerto e vídeo "Cantos Rodados" en Goián... Queda para outra cantar unhas alentejanas polos bares, aínda que eu, que me animei e subín ata O Racimo, darei unhas voltas mais antes de fin de ano polo Condado...

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...