Onte baixei, como case todos os días, co meu can ao río, esta vez seguín o camiño que vai da Pesqueira Vella, pola veira do río, ate o Ariño –a natureza está tan desbocada que achanta os camiños todos, dándolle a quen os transita aparencia de explorador. A cousa é que o canciño, que aínda non sabe ler, ao chegar preto da illa detivo a súa carreira aloucada levantando o nariz no aire como se alguén tirase del por un fío invisible, e parou, dubidou un instante e volveu parar. Cando cheguei onda el, miroume, e só entón comezou pouco a pouco a moverse e rebuscar entre as herbas que tiña diante. O que fora xa non estaba máis ficara prendido e fresco o seu cheiro nas herbas.
Isto ven porque nunha conversa, o outro día, alguén confirmaba citando a non sei que científico que a memoria xenética existía. Moi ben.
Miña nai di que non somos mais que soños que están por realizar, e o di tan seria que eu miro para a miña aboa e case sinto un pouco de odio, A miña aboa move o xesto un pouco e di que no, que un se fai segundo a vida vai vindo e dependendo da sorte moitas veces. A min moléstame pensar na pouca participación que como individuo me deixan nestas cuestións e rebélome. Hoxe por exemplo o corpo pedíame a berros que o deixara ficar na cama e non, leveino a traballar. E onte que desexaba coller a moto e non parar de comer quilómetros para acalmar o estómago -sempre a engulir distancia- tampouco o fixen. E nestes dias que a memoria xenética está a pedir que manteñamos distancias, como sempre fixemos, con respecto a Europa (vea-se o caso do avó Jonás), eu dígolle que non, que confío nos avións e nos trens rápidos e nas estradas e ate nos teléfonos móbiles e na net, en todo o que fai que as distancias se desintegren... Ou mellor... “Transito de pés descalços sobre pedras frías que vão construir memorias”...
Eu tamén ando nun nobelo, Condado, a botar contas, a pensar que se o boto ao pinto, pinto, gorgorinto, se viro un chisco á esquerda, que vai facendo tanta falta, ou se me deixo instalada nesta aparente recta que vai dereita ao abismo.
ResponderEliminarObservo que dis "o meu can", hehehe! A túa irmá sabe disto? E o Bull non sei, pero a Lima lévao no sangue, ou nos xenes, ou no chip, vai ti saber estas tecnoloxías...
Dior mío! Cando se lle acaban as pilas ao señor da imaxe?