6.2.09

frío




Ando a matutar sobre do frío, como todos, que eu sempre relaciono coa soidade, coa incomunicación, o frío de dentro, do que non gosto… Terá ou non relación co frío de fora?... Así que hoxe fiquei na cama a esperar tempos mellores, lendo a prensa e pouco máis:
Tarcisio, Bertone Tarcisio, que foto!, con Rouco Varela pola dereita e Martínez Camino (si, Camino, dos Goya) pola esquerda, que frío!... Emilio Botín, a economía, as cousas ben feitas, o Santander… "Como vai subir o crédito en España si hai crisis?", nada, unha manta máis polos pes… Berlusconi, ás barricadas, dios, que frío!, podes subir a calefacción?... Por favor!... Páxinas de Galicia, a ver, outros temas, claro, os illados das illas que caben nunha man falan doutros temas… A ver, foto dunhas mans firmando que o autor ten que explicar quen e que firma: Ferrín –coas unllas non moi limpas- cumpre 70 anos (pois en tanto tempo tampouco escribiu tanto, digo eu, así, de memoria)… O galego chega a google… Joder, se estamos até na lúa… Rajoy defende que os pais podan elexir o idioma para educar aos seus fillos… Cojonudo, sempre quixen cos meus estudasen en Chino, que ten futuro e ademais teño ganas de ir alá… Mira, seguro que non hai nada aberto?... Menos mal que gardo na memoria un cacho de partido de onte, Messi e Iniesta, que marabilla… Aínda así, un pouco de frío aínda vai... Pero non tes frío aí fora?... E o que falta para a tempada de pesca!... A ver se cun librito...


6 comentarios:

  1. Un librito e un Portito. Logo non imos acabar alcoholizados, con estes invernos.

    ResponderEliminar
  2. Isto é de que non se te ocorre falar de nada e falas de que tes frío e estás lendo a prensa. Non si? Comeza a chover...

    ResponderEliminar
  3. Febrero es un mes loco. Trae viento, frío, nubes, sol...De todo un poco.

    ResponderEliminar
  4. ánimo que já chega o anticiclom!
    beijos

    ResponderEliminar
  5. Esto non hai Anticiclón que o frene. Encantado de chegar aquí.Apertas

    ResponderEliminar
  6. Algo arranxamos. Eluana mandou a Berlusconi a tomar vento mentres Bertone tomaba terra no Vaticano. A exemplar banca inglesa pide perdón no congreso mentres Botín concede un crédito de 70 millóns de euros ao R.Madrid para comprar a Ronaldo. Rajoy non acudiu á manifestación contra o galego (ver vídeo na páxina do "cartafol de silencios"), parece que quedo sen ir a China polo de agora... E as troitas a espera...
    Un abrazo a todos

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...