
Que te me poñas lingua sobre lingua
Non significa que para entendernos
establezamos as premisas dun proceso
encamiñado cara a normalización
Pois vese ben que simplemente usamos
iconos simples de antigos idiomas
e que gozamos facéndonos sinais
fricativas bilabiais e dixitais
E anque agradezo o teu esforzo non comparto
que pra entendernos teña que ser en inglés
despois de mil e unha noites na túa cama
dígote yes e penso sempre no francés...
No hay comentarios:
Publicar un comentario