3.4.08

Lambepedras




Hai uns dias ao baixar dende a máis alta montaña do meu mar ata os mares de baixo, o vento frío do norte que durante todo o día levei de fronteira, foi perdendo forza coa mesma velocidade ca viaxe de volta pola estrada que pegada ao río leva ate meu pueblo. Un sapo enorme atravesou o camiño despois do asfalto, as nubes, pesadas tamén, circulaban en sentido contrario ao que eu levaba, empurradas polo alento dalgún vento do sul. O fin da tarde pintaba as montañas con trazos dificeis, escapando da mirada cotián. Cas primeiras pingueiras chegou o cheiro a ozono. Lonxe comezou a roncar unha tormenta que se mantivo así casi dúas horas. Despois calor e noite, o neboeiro crecendo no río e extraviando os sentidos de todo o que está vivono val. Baixei ao río e agucei os oídos ate escoitar como as raices das arbores se despegaban das beiras para que a illa do Ariño, como tantas outras, comezase o seu vagar silandeiro nun xogo de ida e volta polo río, sendo e non sendo ribeira ou barcaza semianclada na orela por nervios núos descendo dás árbores á auga agarimando a pel do río. Entre as augas revoltas que deixou a illa ao desplazarse tirei a rede atrapando entre pequenas troitas, bogas e ate caranguexos vermellos, dúas Lambepedras refregandose do soño en que durmían. Choio feito. Deixei as illas a navegar tranquilas e subín o camiño de casa coa saca de rede ás costas deixando un regueiro de ansiedade a palpitar no peito e no movemento das Lampreas. Todos os sons eran ocos entre a noite e neboeiro, os pasos, a cancela e os ladridos dos cans. Choio feito -repetinme- xa temos para celebrar unha primaveira máis os do racimo.

5 comentarios:

  1. Uf, non me fales en lampreas destas horas, que vomito.

    ResponderEliminar
  2. ¡Que sexan bos días para os do xexún!

    ResponderEliminar
  3. Borraste un día de tus días da blogosfera?? Xuraría que non paraba no xexún

    ResponderEliminar
  4. O samurai desapareceu, que seica non lle gustou a propaganda.

    ResponderEliminar
  5. Puta propaganda!! Podería ser o comezo dunha peli de suspense e asesiñatos

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...