
Como para advertirme do caudal de tempo que leva pasado polos meus anos todos, onte fixeronme carteiro postmortem - evidentemente dunha morte, incerta coma todas, que non é a miña. Levo xa un día enteiro, vintecatro horas, mil catrocentos cuarenta minutos, oitenta e seis mil catrocentos segundos, a pensar na encomenda... Tódalas mortes doen máis que a propia.
Foi un "por se acaso", neno. Tan pouco te me poñas tráxico. Necesito un punto de apoio na realidade, nesta ensoñación en que vivo. Quen coma min sabe o que é ver partir unha persoa, dicirlle adeus coa man, ese adeus que disque se lles di aos mortos?
ResponderEliminarTentarei de poñer botas de tacos a partires de xa, ainda que non penso pasar da miña panda de borrachos sensibleros (a pesar da miña actitude hierática para os que non son do club)
ResponderEliminar