Vilariño de Conso/Condado
Cóntochos un por un, meus pensamentos, antes de abrires os teus ollos, antes que podas pasear en panorámica sobre eles, sobre o lugar que ocupa cada un deles dentro do plano xeral que me pertence; descríboche o debuxo das voltas que dou facéndome de anacos de tenrura, comprensión, amor, dozura, amistade, humor, paixón… o minifundio de sensacións conectadas por fíos, corredoiras, camiños e regatos… todo o que, acoutando o meu espazo, vai compondo as reviravoltas do meu cerebro, que non se amoldan convinte-mente a tanta concentración parcelaria…
Desconcentración parcelaria xa! Viva o minifundio, a liña curva e os camiños estreitos, sombreados de carballos, ervedos e acivros!
ResponderEliminarQuero que me devolvan o camiño dos Borrachos!
Onde hai que firmar?
ResponderEliminarE as reviravoltas camiño do Ariño , eu tamén as quero!
ResponderEliminar¡Viva a desconcentración parcelaria! ¡Viva a República!
Jo! que perfección!
ResponderEliminarGostei muito da foto, que ilustra bem uma paisagem composta de minifúndios, quando cobertos de neve...
ResponderEliminarE sim, às vezes o nosso cérebro funciona assim, em pequenas partes que nem sempre vislumbram o todo. :)
Beijocas!
A, Teté, non te fixaste que é o debuxo dunha señora enfadada e con peineta ou moño... Non sei qué pensar de tan pouca atención...
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarPrecisavas recorrer a um 'debuxo dunha señora enfadada e con peineta ou moño...' para começares a desmontar-te, também...?
ResponderEliminar;)
O estilo... Fino, fino...
ResponderEliminar