... Ulises, tes que me prometer que a túa estadía en Eea foi algo máis que unha parada na túa singradura. Se o home que chegou a min non foi o mesmo que abandonou Ítaca, tampouco o home que parta das miñas beiras pode ser o mesmo que chegou a estas praias pedindo refuxio. Tí cambiáchesme moito, nobre laertiada, tampouco eu son a mesma deusa chea de xenreira que te recibiu. Faime sentir que tamén ti mudaches pola miña compaña, que no teu xeito de ver o mundo se pode agora seguir o rastro da miña ollada... Así falou Circe, a da voz dourada, e os ollos de Ulises enchíanse de bagoas ao escoitala...
Tamén se as lendas así se contaran non deixaban de seren igualmente fermosas...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
De mi Banco de... Para que no me olvi... De Pancho Salmerón ...
-
Non teñas medo de mentir non é xa tempo a procurar amarre firme a este carocho sen alento, deixa estar. Pero non d...
-
Recogí las horas amontonadas por los rincones para construir el puzzle de aquel tiempo que no llegaré a armar Y una canción que pretende m...
CIRCE OU O PRACER DO AZUL
ResponderEliminarCirce sabía que son as dores das que non se fala as que máis doen, que as angustias que non se comparten son as que máis se aferran á nosa alma, que os medos non nomeados son os que máis perduran, perseguíndonos incesantemente como pantasmas.Non era verdade, como dicía Penélope na súa carta, que as cousas non existisen até seren nomeadas. O que non se nomea sí existe, e o peor, insiste, por moito que ao non mencionalo queiramos condenalo ao esquecemento. O que non se nomea, non só existe, senon que non pode ser exconxurado, e o proprio medo a nomealo faino medrar con máis forza dentro de nós. Todo precisa ser dito para poder ser explicado. O silencio confire caracter maldito, unha gravidez de mouro agoiro a todo aquilo que queremos evitar e convertemos así en inelutábel.