23.9.09

espello

 
Salamanca/Condado



Ela vese no espello do escaparate. El ri dende dentro, sen que ela o poda ver, dos xestos e das caras que compón fronte o espello. Dende o outro lado da rúa alguén cruza apresurado e vai directamente ao bolso, ela non o solta e berra, el achégase ao cristal e o golpea insistentemente, o ladrón saca unha navalla e a pincha tres veces seguidas no ventre, ela solta o bolso e vai caendo a modo contra da ventá mentres o ladrón fuxe cruzando de novo a rúa. Dende dentro, pegadas as mans no cristal, él, atónito, observando a realidade, sen reflexos para saír ou para algo, deixando esvarar as mans polo cristal por onde esvaran as mans dela...

4 comentarios:

  1. Espelliño, espelliño...

    ResponderEliminar
  2. Mira por onde este invento (espero que sexa invento) lembroume unha historia real. Sen tripas de fóra, por sorte.

    ResponderEliminar
  3. Bueno, é que levo case vinte anos vendo como a xente se mira no espello do meu escaparate... (Vaia, xa descubríno meu chollo na zapatería)

    ResponderEliminar
  4. Claro, des que vos puxeron ese vidro que parece de sala de interrogatorios...

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...