17.11.08

doble vía




Notaba como crecía o enfado segundo se vestía. Sentía a voz dela ecoando pola habitación, sen dirección concreta ata que concentrou a mirada na súa boca, a boca que agora lle reprochaba falta de interese e atención cun non sei por que me chamas para isto… Sentouse na cama. A súa cabeza debuxou no ar o espazo que estaba a abrirse entre eles dous cun movemento en panorámica dende as costas dela ate os pes del, seus propios pes nus no chan, dous pes e unha tristeza pesada, espesa que ela non parecía ou non quería entender… Acórdaste de Xulio? -falou por fin- o meu amigo, máis dunha vez te falei del… Un accidente horrible, na autoestrada... Está totalmente roto, clinicamente morto dende onte a tarde… Precisaba de falar con alguén, é por iso que te chamei, precisaba de contalo, contarcho a ti… Chameite por iso…

Para cando el falou xa ela estaba vestida. Pechou a porta cando se foi, sen despedirse, sen unha palabra. En canto pisou a rúa, pulsou o botón do mando do coche, sentouse diante do volante e acelerou aloxándose rapidamente do motel sen dirección algunha. Prendeu a radio, as luces e o limpa parabrisas… Xulio, máis dunha vez te falei del… O limpa non daba despexadas do cristal do parabrisas as lágrimas que agora xa non quería conter ao recordar de novo o nome… Un accidente horrible… Está roto… Aparcou o coche fora da vía e case sen poder ver marcou de memoria un número no móbil que non tivo resposta. Apagou o limpa e xirou a chave de contacto. Ningún ruído, nada apenas, tranquilidade… Pensou na estrada, nos vehículos circulando dun lado e outro en sentidos sempre opostos, en que cando algo salpica dun lado a outro da dobre dirección non é máis que un reflexo, algo irreal creado pola velocidade á que nos movemos, algo imposible, un error… Prendeu de novo o coche e cambiou de carril circulando en dirección contraria. Había algo desconcertante no contraluz que un atardecer inmenso pintaba ante os seus ollos, enmarcado polo cristal do parabrisas do coche, no que se notaba a marca seca das bagoas que non mollaran o cristal. Un coche gris se aproximaba e viuno a el, conducindo e xirando a cabeza para ollala no mesmo intre de cruzarse, xusto antes de perderse como un punto no fondo do retrovisor…

5 comentarios:

  1. Coita, sorprendíchesme hoxe!

    ResponderEliminar
  2. Presumo que este texto seja simbólico, denotando toda a solidão, pressa e indiferença tão presente(s) nos tempos que correm...

    E também a efemeridade da vida, por vezes até ignorada por quem a deveria lembrar!

    Gostei muito!

    ResponderEliminar
  3. Vou tentar de escrever um chiste (muito simbólico também):

    No baleeiro: Capitão, capitão... Unha baleia...
    O capitão: Preparado o arpoeiro a proa...
    A Baleia: não, não, cuidado, que som o corcovado de Notre Dame...
    O capitão: Coñó! e que estas a fazer por aqui...
    O corcovado: Pois não sei, deume por aí um jeitito e ...
    Deveria ser a China quem traduzisse, eu não tive muito êxito outras vezes, mas continuo a intentar...

    ResponderEliminar
  4. Bueno... Esquecia. A coisa é que som um pouco corcovado também...

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...