24.4.08

uns pasos atrás miña




Demasiados anos para ter medo. Tamén o medo chegou tarde. Non é dende logo o que esperaba nesta angosta escuridade de rúa. Estráñame sen embargo que alguén se decidise, coma min, ó rebusco de soedades por estes camiños. E son certamente pegadas humanas quen me siguen. Se o vento non me dera na cara podería descubrir o seu perfume, o seu sexo, o seu medo...  Escoitaría os latidos do seu corazón, sabería o que busca... Corro e corre, torzo a dereita e achantome nas sombras... Son eu quen goza agora... Escoito un tris de navalla automática e como volta a desanda-lo andado despacio, descifrando as sombras do camiño... Nen sequera o refuxio da arma ampara o seu medo... Debería parar este xogo -penso... Saio e plántome no medio do camiño... ¿Quen és, que queres? -berra asustado... Levanto pouco a pouco os brazos e susurro que son a morte e quero a súa alma... A noite conleva a morte como o día a esperanza, nunca falla... Demasiados anos curtindo a miña esperiencia cazadora, tantos, que, xa parezo a noite mesma.

1 comentario:

  1. Ás veces non é a nosa sombra o que nos asusta, que non hai sombra cando a noite é noite, senón o eco dos pasos que nos recorda que o pasado nunca queda atrás.

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...