18.3.08

O retrato de Eliseo Alonso I




O correo foi puntual aquel día tamén. O carteiro aproveitou, coma todos os días, para botar unha parolada co pintor. Atreveuse incluso a dar a súa opinión sobre o lenzo que había no cabalete... Tiña que ver á Rula, a miña vaca. Non é por nada pero é máis bonita ca estas do cadro. Un día calquera avísoo, cando estea a pacer polo Ariño, para que a pinte... Hoxe o pintor tiña un paquete postal.... É do Seíto, o que emigrou, a Arxentina, polo que vexo. Non é mal rapás anque non sei porque tuvo que emigrar se non lle facía falta... Ao pintor non lle parecía mal que o carteiro se interesase pola súa correspondencia, nin mal nin ben, non lle importaba... Ala, que sexan boas as noticias ¡Ata mañá!... Colleu o paquete con coidado e polo tacto soubo que se trataba dun libro... Contos do Miño. Editorial Mundo Gallego. Buenos Aires 1955

No hay comentarios:

Publicar un comentario

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...