11.9.09

é o tempo...



Javi Valladares


Tempo: é a magnitude que permite ordenar os sucesos en secuencias, establecendo un pasado, un presente e un futuro, e da lugar ao principio da causalidade, un dos axiomas do método científico - Tas mal?, que che pasa? - Non, nada, é o tempo… Todo suceso orixínase por unha causa, orixe ou principio… Causalidade: para que un suceso A sexa a causa de un suceso B, téñense que cumprir tres condicións: Que A suceda antes que B. Que sempre que suceda A suceda B. Que A e B estean próximos no espazo e no tempo… Se tras varias observacións chegamos a xeneralizar que si ata o de agora sempre que ocorreu A, ocorreu B, no futuro ocorrera o mesmo. É lei… Anque entre nós non se cumpra nin de coña, amor.

6 comentarios:

  1. O problema (ao meu modesto entender, que se di nestes casos) é discernir qué espazo e tempo se poden e deben considerar como "próximos".

    E si, non basta que algo sexa lei para que se cumpra e non só porque forzosamente existen as excepcións á lei.

    Por certo, que fotón! (E non falo de partículas luminosas, que tamén deben ter parte no mérito.)

    ResponderEliminar
  2. Adorei a fotografia e o pormenor da flor (cravo ou papoila?) vermelha desfocada, em contraste com a árvore bem definida! :)

    O pior do tempo é que muitas vezes não ordena sucessos em sequências, antes vários insucessos na ânsia de conseguir alcançar depressa os tais sucessos, enquanto ele (tempo) vai passando em cada tic-tac do relógio...

    Beijocas e bom fim de semana!

    ResponderEliminar
  3. Os detectives non creen nas casualidades, creen nas causalidades.

    ResponderEliminar
  4. O tempo é unha merda, nunca vai ao ritmo que queremos, é por iso que sempre andan a facer leis e explicacións que non son certas, polo menos para o noso tempo, o meu tempo, é todo un sin-tempo ou un con-tempo... Unha merda, xa dixen ata o meteorolóxico... que de lóxico nada, por certo.

    ResponderEliminar
  5. Ese amor al final, me ha sonado a palabra nueva, fíjese.

    Las fotos, dan ganas de arrojarse a ellas.


    Mua.

    ResponderEliminar
  6. Menos mal que o tempo é relativo para uns e para outros, incluso para un mesmo que cando o tes xa o tes perdido... e o espacio é indivisible! Menos mal que as leis cada día hai que demostralas!

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...