25.9.08

territorios



Vexo o mundo a través dun cristal que as veces abres tú e sempre pecho eu. O egoismo me leva a ocupar territorios que sinto como propios A miña casa, os meus cans… Permaneces sentada diante do horizonte Non sinalas, pero estás... sempre estás A certeza do sangue, a certeza da sede… Dígoche que estou triste se non estás comigo e minto... simplemente non son se non estou contigo Xa o dixen... territorios que sinto como propios...

6 comentarios:

  1. Levanta a patiña... Hihihi!

    ResponderEliminar
  2. Vou facer como que non escoito...

    ResponderEliminar
  3. Territórios que sentimos próprios, são "invadidos" mesmo por aqueles que amamos... (`_^)

    Gostei muito do teu poema, principalmente por ser tão... sincero!

    Bom fim de semana, condado!

    ResponderEliminar
  4. A miña aboa tiña esa certeza, a presenza, aquilo do que partes para calquera cousa. É algo que eu admiro moito e fago territorio propio, meu, o que me fai ser como son... Aínda que non goste demasiado polo que vexo. Unha pena...
    Saúdos Teté

    ResponderEliminar
  5. Pareceuche mal o da patiña? Tranquilo, todos defendemos territorios. E ás veces os chistes malos son unha forma de combatir a emoción.

    ResponderEliminar
  6. Positiva-mente-a-túa-a-veces...

    ResponderEliminar

                       De mi Banco de...              Para que no me olvi...              De Pancho Salmerón           ...