
Deixo que Lobo Antunes me somerxa de novo na melancolía da que non debín saír. Ao cabo, non é a terra culpable de quen a pisa, de quen a agrede ou de quen a erma... Falo por suposto de ecoloxía... Vou para dentro de min, espero que a inxesta endogámica de grandes talentos da terra non me impida traspasar o intestino, que a viaxe sexa rápida, en AVE mesmo e con mandilón e piruleta de galescola, ou que a carga do mausoleo de Fraga me axude a chegar ao fondo mais apresa, ou que me axude calquera outra paiasada de grande carga mediática das que tivemos que tragar estes anos en que nos tomaron por tontos... E voume, cantando unha do Mario Branco mentres escoito que nin dios vai dimitir...
Não cantes alegrias a fingir se alguma dor existira roer dentro da toca deixa a tristeza sair pois só se aprende a sorrir com a verdade na boca
Olé.
ResponderEliminarSempre me espanto quando vejo galegos citando tugas...
ResponderEliminarExcelente texto, companheiro.
(...existir a roer dentro da toca)
Se as penas nos inspiran así, Condado, quen quere alegrías? (Pobo triste que somos!)
ResponderEliminar(Debias mandarlle aí ao Jonas unas fotografias de África para lle avivaren saudades.)
DIgo eu tamén, que as penas inspirante. Aperta
ResponderEliminar