No olvida el vino su camino
regresa del vaso al racimo
y de la tierra al mar
No somos dueños del destino
pero sabemos el camino
que nos conduce al bar
Y allí
como una panda de borrachos sensibleros
se nos ha ahogado la mirada persiguiendo
tu ceniza en el agua
Te toca
ir preparando el camino de regreso
tómate tiempo y cuando suba la marea
vuelve al racimo
Que allí
como una panda de borrachos sensibleros
a tu salud día tras día subiremos
como las olas
Te toca
alzar los vasos, las canciones, los recuerdos
formando parte para siempre de nosotros
como un racimo.
De pequenos, cando saíamos de casa algún domingo, a referencia era un bar, pois a comida se levaba de casa. Hai poucos bares na comarca de Vigo que eu non coñeza. Bares antigos. Apreciar un bo condado en Cans ou en O Carteiro, un rosal en A Muda, un país en Matamá... No meu barrio o nadal e fin de ano celébrase antes de cear cantando polos bares. Cántase ben. Pícanse dous ou máis grupos e se acaba cantando todos xuntos, cancións canto máis melancólicas e tristes mellor, máis felices e tocados os que as podemos cantar. É como a vida.Hai un bar onde se toma a última (que nunca é a derradeira): El Racimo, con uns pequenos escalóns que se fan eternos se subes e fodidos se baixas. Aquí celebramos alegrías e tristezas cun vaso, sempre cheo tamén pra quen nos falta. E un bolero. Un bolero imposible de cantar porque tócanos demasiado perto todavía. Aínda non é tempo...